O Concello de Laxe tramita a recuperación do Campo do Escaravello


O Concello de Laxe concede 15 días de audiencia ás persoas propietarias dunha parte do terreo coñecido como Campo do Escaravello para que presenten toda a documentación pertinente en relación a unhas obras que ocupan unha zona de titularidade municipal. Na actualidade, a parte da finca correspondente á Administración local non pode ser aproveitada pola veciñanza e turistas debido á instalación de postes métalicos e arames, dunha lonxitude de 48 metros e 1,50 metros de altura.