O Concello de Malpica actúa sobre a contorna do río de Vaa

O Concello de Malpica actuou sobre unha parcela municipal situada nun espazo moi especial para o vecindario, trátase da zona do río de Vaa. Nela plantáronse árbores autóctonas (abeneiros, carballos e castiñeiros) co fin de mellorar o ecosistema existente e crear un bosque de ribeira de maior tamaño, valorizando deste xeito unha zona de termos naturais e sociais na contorna. Fermosa iniciativa que poderiamos enmarcar dentro da conmemoración do 21 de marzo, Día Mundial dos Bosques.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha