O Concello de Malpica adquire unha das parcelas para unha planta depuradora en Beo

0 minutes read

O Concello de Malpica adquiriu unha das parcelas destinadas á construción dunha planta depuradora de saneamento en Beo. O Alcalde, Eduardo Parga, formalizou a adquisición o pasado venres, 22 de decembro,  mediante a firma dunha escritura notarial. A operación levouse a cabo por un importe total de 7.250 euros, consolidando o compromiso do goberno municipal coa mellora da xestión ambiental.