O Concello de Malpica aprobou a adhesión ao POS+ Adicional 2026 para reforzar os servizos sociais

Concello de Malpica

Fíxoo nun pleno extraordinario celebrado este mércores ás 13:15 horas, aceptando a súa participación e adhesión ao POS + Adicional 1/2026, unha liña de financiamento destinada a facer fronte aos gastos sociais extraordinarios do exercicio 2026.

A proposta saíu adiante con 5 votos a favor do Partido Popular e 6 abstencións correspondentes a 2 do BNG, 1 de AIM e 3 do PSOE.

Grazas a esta adhesión, o municipio contará cunha achega total de 64.535,60 euros, que se destinarán a reforzar e ampliar distintos programas de carácter social, co obxectivo de mellorar a atención ás persoas e familias en situación de maior vulnerabilidade.

O reparto da contía realizarase do seguinte xeito:

   •   23.000 euros para a ampliación das axudas de emerxencia e atención ás necesidades sociais das unidades de convivencia en risco de exclusión social.

   •   8.987,63 euros para a creación ou ampliación do Servizo de Axuda no Fogar en servizos específicos, como comida sobre rodas, Xantar na Casa e/ou lavandería.

   •   16.000 euros destinados á creación ou ampliación de servizos complementarios, mantendo un ano máis a aposta polo servizo de fisioterapia a domicilio.

   •   9.250 euros para programas de respiro e conciliación familiar.

   •   7.300 euros para outras medidas extraordinarias que os servizos sociais consideren urxentes e imprescindibles para atender a persoas especialmente vulnerables.

Desde o Concello destácase que este reparto responde a criterios de equidade e equilibrio, permitindo mellorar a cobertura dos servizos sociais municipais e contribuíndo ao benestar dos veciños e veciñas.

Related posts

O Concello de Zas presentará este sábado a súa nova páxina web municipal

Camariñas promocionará en FITUR o impoñente paraíso que alberga a zona de Trece, Reira e Vilán

O Fórum Carballo implanta un sistema de xestión de calidade da formación que se imparte nas súas instalacións