O Concello de Malpica comunica oito casos positivos por COVID-19

1 minutes read

O rexedor malpicán, Walter Pardo, confirmou a nova, ante a que recoñece estar «preocupado polos rebrotes», e pide responsabilidade nas reunións de familia e amigos. Tanto Pardo como o grupo de goberno ao completo insta a seguir mantendo e respectando as medidas e protocolos sanitarios pertinente. «O que nos piden dende a sanidade non é difícil de cumplir. Sinxelamente é un bo uso da mascarilla e distancia interpersoal de metro e medio».

O alcalde, que mantivo unha reunión telefónica con Luis Verde, xerente do Sergas, advirte de que ‘tan só xuntas e xuntos poderemos frear a expansión da COVID-19. Temos na nosa man, por medio da responsabilidade individual, coidarnos a nós mesmos pero tamén aos demais. Con todo, e desde o goberno local, comunicamos que incrementaremos a vixilancia dos espazos públicos e asumiremos novas medidas para frear o contaxio. Pedimos axuda ás administracións competentes para ditas tarefas, xa que non é de recibo que sexamos os concellos os que teñamos que asumir obrigas que non son nosas».

Da reunión telefónica con Verdes, subliñou que se ‘intensificarán as probas PCR en varios dos sectores máis sensibles, como taxistas, SAF, monitores escolares e deportivos, co fin de controlar a situación que, en todo caso, non é alarmante. Os casos están controlados e illados nos seus domicilios’, insiste. «Desde a corporación enteira do concello de Malpica de Bergantiños enviámoslle toda a nosa forza aos enfermos e desde o grupo de goberno poñémonos á súa disposición se puideramos axudar en algo», finalizou.