O alcalde de Malpica, Eduardo José Parga Veiga, firmou a acta de replanteo de obras que se van executar dentro de varias semanas no termo municipal. Todas elas serán financiadas co remanente de tesourería.
As obras son as seguintes:
Mellora da capa de rodadura dos camiños en Aviño por un importe de 34.606 euros
Mellora da pavimentación da Rúa Ramona Criado por un importe de 41.421,50€
Mellora da capa de rodadura dos camiños de Asalo por un importe de 34.727€
Mellora da pavimientación dos camiños en Cambre.
Estas obras foron adxudicadas á Construcciones López Cao S.L.
Mellora da pavimentación dos camiños de Aviño por un importe de 43.923€ foi adxudicada a Obras Xerais S.L.