O Concello de Malpica convida a recibir 2026 con alegría e música en directo co Trío Rosel

Este 31 de decembro, dende as 23:45 horas, o Concello de Malpica organiza unha Festa de Fin de Ano para dar a benvida ao 2026 como se merece. Haberá música en directo co Trío Rosel, pero ademáis, moitas sorpresas, cava, cotillón e refrescos. Boa música, mellor ambiente e moitas ganas de festa agardan por vos nunha velada única. Desde o Concello animan a celebrar todos xuntos esta data tan sinalada, brindar polo ano que chega e compartir unha noite especial na compaña da familia e amigos.

Related posts

‘Somos as mulleres que construímos Camariñas’: campaña para reivindicar o papel fundamental das súas veciñas polo 8M

O PIE da Laracha facilitará o acceso ao mercado laboral a 100 persoas desempregadas

O Plan Único acumula 150,6 millóns de euros e 764 obras na Costa da Morte desde a súa creación