A Concellería de Promoción Económica deu o acoñer, este xoves, os gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal 2025, unha iniciativa posta en marcha co fin de promover o comercio local e incentivar a participación dos establecementos durante o período de Nadal. O xurado acordou conceder o primeiro premio a Fercal, o segundo premio á Perruquería Ana Ures e o terceiro premio a A de Visi, aos que lles corresponden dotacións económicas de 300 €, 200 € e 100 €, respectivamente.
No concurso participaron os seguintes comercios: Elemoba, Perruquería Ana Ures, Fercal, A de Visi, O Botero, A Tenda da Tía Carmen, Óptica Avelino, Doces e Mecos, A Tenda de Vera e Cerámicas Creare. Dende o Concello de Malpica queren expresar o seu agradecemento a todos os establecementos participantes pola creatividade e o esforzo amosados, así como ao presidente da Asociación San Xulián e á presidenta da Asociación Malpica Felina pola súa colaboración no proceso de deliberación do xurado.