26
O Concello de Malpica emitiu un comunicado informando que interpoñerá unha queixa o luns ante Consumo contra todas as compañías de internet e telefonía debido a problemática sistemática dos últimos días da nula ou moi escasa conexión a internet no móbil ou a dificultade de poder establecer chamadas. Conclúen afirmando que esta situación está afectado gravemente tamén ao comercio e á hostalería da localidade debido á imposibilidade de poder efectuar pagos e cobros cos TPV.