11
O alcade de Malpica, Eduardo Parga e o deputado provincial de Patrimonio, Xosé Penas, asinaron o acordo que permitirá manter e reforzar a actividade deste espazo etnográfico único, referente na olería tradicional de Buño.
A Deputación achegará 80.000 € para apoiar a programación, mentres que o Concello asumirá a atención ao público, o mantemento das instalacións e a organización de actividades culturais e divulgativas.
Seguimos a apostar pola nosa cultura, polo noso patrimonio e pola identidade da nosa terra, afirmaron dende o Concello.