O Concello de Malpica fai un chamamento ao civismo e á responsabilidade colectiva na celebración da Festa da Mikaela

Ao mesmo tempo o Concello de Malpica informa de que as cámaras instaladas ao longo do percorrido da Festa da Mikaela forman parte do dispositivo de control e seguridade do posto de mando avanzado, desde o que se coordinan os distintos corpos de seguridade e emerxencias.

Estas cámaras só estarán operativas durante o tempo que dure o percorrido da festa co autobús, co único obxectivo de garantir unha maior seguridade para todas as persoas participantes e reforzar ao máximo o dispositivo de prevención e resposta ante calquera incidencia.

A administación local fai un chamamento ao civismo e á responsabilidade colectiva para que:

  • Non se tire lixo ao chan e seutilicen os distintos puntos de recollida habilitados.
  • Se respeten as propiedades privadas e o entorno da veciñanza, para que entre todas e todos se faga da festa un espazo máis seguro, limpo e agradable.

Desde o Concello coclúen agradecendo a colaboración e participación da cidadanía.

Related posts

Convocada unha protesta diante do Concello de Coristanco en contra das antenas de telefonía preto das casas

Dous homes entraron nunha vivenda de Ponteceso e déronlle unha malleira ao seu ocupante

A Xunta pon en valor a efectividade das actuacións levadas a cabo en Carballo para previr asolagamentos