O Concello de Malpica habilita unha canle de mensaxería para contactar cos Reis Magos

PIXABAY

  • As persoas que desexen participar poderán inscribirse ata o 29 de decembro

O Concello de Malpica promove unha iniciativa a distancia para que a rapazada poida recibir unha mensaxe dos Reis Magos no seu teléfono móbil, xa que previsiblemente para comezos do 2021 as actividades como cabalgatas e recepcións reais estarán moi restrinxidas debidas á incidencia da covid-19.

As persoas que o desexen poden inscribirse ata o 29 de decembro no enderezo web www.nadal2020.es. Deberase indicar un número de teléfono con mensaxería de Whatsapp e seguir os pasos necesarios para anotar aos máis pequenos e pequenas da casa.

A mensaxe será personalizada, e existe a posibilidade de que a persoa que inscriba aos nenos deixe un texto no anterior enderezo, expoñendo as características singulares de cada caso.