O Concello de Malpica impulsa as tarefas de mellora da avenida Canido e da rúa Boa Vista

Avenida Canido_Cedida

  • A administración malpicá executará estes traballos por valor de 39.735,92 euros

O Concello de Malpica impulsa a mellora da avenida Canido e da rúa Boa Vista, executando así unha serie de traballos cun valor aproximado de 39.735,92 euros. Estes consistirán na aplicación dunha capa de rodadura e instalación de sinalización horizontal, que servirá para mellorar a seguridade viaria de peóns e condutores.

Nas tarefas previas limparanse as cunetas nos espazos de tránsito, realizarase o bacheo pertinente e incrementaranse a profundidade das arquetas, tapas, sumidoiros e outros elementos das redes no pavimento. O prazo de execución das mesmas serán de dous meses desde o comezo das mesmas.

O alcalde, Walter Pardo, sinala que ‘executamos gradualmente proxectos que non puidemos arrincar debido ao estado de alarma, pero que son moi necesarios. Nas vindeiras semanas tamén executaremos varias limpezas e desbroce moi importantes para moitos núcleos rurais’, anunciou o rexedor.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha