O Concello de Malpica inicia melloras en diversas parroquias da vila

1 minutes read

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, asinou a acta de replanteo de varias obras que se van a executar no Concello financiadas co remanente de tesourería. Mellorarase a capa de rodadura nos camiños no lugar de Pedreiriña cun investimento de 32.500€. Tamén se realizarán obras na parroquia de Leiloio que consisten na mellora da pavimentación da Predrosa á Tremoa e a ampliación do saneamento no Vilar por un importe de 42.600€. O Camiño de Pernes será mellorado cunha capa de rodadura por un importe de 43.600€. Tamén se mellorarán os camiños no lugar de Bicerrán cun importe de 48.000€. Todas as obras que ascenden a un importe total de 166.700€  foron asignadas á empresa Dámaso Ferreiro e Hijos.