25
- Prestarán servizo nas praias de Canido e Area Maior desde o 15 de xuño ao 5 de setembro
O Concello de Malpica acaba de iniciar o proceso de contratación de seis socorristas para as praias de Canido e Area Maior de cara a tempada de verán. Coa súa incorporación, que se fará efectiva a partir do 15 de xuño e ata o 5 de setembro, os areais do municipio «contarán con maior vixilancia nunha época na que se incrementa notablemente o número de usuarios», destacan desde o Goberno local.
O Boletín Oficial da Provincia de Coruña recolle as bases da convocatoria, á que se poderán presentar candidaturas ata o vindeiro 14 de maio. Poderase facer mediante o Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede Electrónica.