O Concello de Malpica lanza unha nova edición do Día da Bicicleta

1 minutes read

Será o domingo 20 de xullo, trátase dunha actividade dirixida a todas as idades que combina deporte, lecer e participación veciñal. O percorrido cubrirá unha distancia de 14 quilómetros, cunha ruta que se iniciará no Centro Sociocultural de Seaia e finalizará na Praza Anselmo Villar Amigo.

A saída está programada para as 10.45 horas. As persoas interesadas poden realizar a preinscrición nas oficinas xerais do Concello ata o venres 11 de xullo ás 14.00 horas. Así mesmo, o mesmo día do evento permitirase a inscrición ata quince minutos antes do comezo da actividade. O uso do casco será obrigatorio para todas as persoas participantes. Unha vez rematado o percorrido, realizarase o sorteo dunha bicicleta entre todas as persoas inscritas.

Desde o Concello convidan a todo o mundo a participar nun día para pedalear en boa compañía e vivir Malpica sobre rodas.