O Concello de Malpica mellora os camiños nas Pozacas

O Concello segue a mellorar as vías do rural  de Malpica. Nesta ocasión estanse a realizar as obras nos camiños das Pozacas. As actuacións que se veñen executando polo departamento que dirixe o concelleiro de obras, Miguel Ángel Fernández Mirás, teñen como finalidade optimizar a seguridade vial. A empresa encargada de levar a cabo os traballos será López Cao S.L., cun orzamento total de 68.697,75 €.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha