O Concello de Malpica organiza unha limpieza de praias para este sábado

O concelleiro de Medio Ambiente, Rodrigo Mato, convocou una xornada de limpeza de praias que terá lugar este sábado, 13 de xaneiro, ás dez da mañá, coincidindo coa baixamar.
As persoas que desexen unirse como voluntarios e voluntarias, poden inscribirse, tanto por vía telefónica contactando no 981 72 00 01 ou de forma presencial nas oficinas do Concello.
Organizaranse varios grupos para levar a cabo a limpeza nas praias de Seiruga, Beo, Area Maior e As Torradas. Dende o Concello indican que é importante apuntarse para colocar a cada persoa na praia máis cercana.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha