Desde o Concello condenan firmemente o mal uso dos contedores de lixo que se está a producir en distintos puntos do municipio: verteduras fóra dos contedores, residuos voluminosos abandonados, lixo sen separar e incluso restos deixados no chan. Condutas que teñen un custo económico directo para todos os veciños e veciñas, xa que obrigan a reforzar servizos de limpeza, reparación de contedores e retirada de residuos, cartos que poderían destinarse a mellorar servizos públicos. Desde o Concello piden responsabilidade e respecto polo espazo común, afirmando que se tomarán medidas inmediatas e duras contra estas prácticas incívicas.