Desde o martes 30 de decembro está dispoñible o calendario municipal 2026 do Concello de Malpica, elaborado coas fotografías gañadoras do I Concurso Fotográfico «Malpica, Natureza en Olladas».
As veciñas e veciños interesados nel poden recoller un exemplar na Casa do Concello ou solicitalo a calquera membro do goberno municipal.
Desde o Concello de Malpica agradecen a participación de todas as persoas que concorreron nesta primeira edición do concurso fotográfico.