11
Trátase dun espazo pensado para apoiar ás familias, crear apegos seguros, fortalecer os vínculos afectivos e acompañar as distintas necesidades que xorden na crianza, compartir e medrar xuntos como familias. As sesións serán impartidas por unha doutora en psicoloxía clínica e neuropsicoloxía clínica. As citas serán os segundos e cuartos sábados de cada mes de xaneiro a xuño ás 11 da mañá no CAT, antigo Centro Comarcal de Buño. As inscricións pódense facer ata o 30 de decembro nas oficinas xerais do Concello de Malpica