O Concello de Malpica presenta unha ampla programación deportiva para este verán

2 minutes read

O Concello de Malpica de Bergantiños vén de anunciar a posta en marcha dun programa de actividades de verán dirixido a público infantil, xuvenil e adulto, que se desenvolverán nas praias de Area Maior e Canido durante os meses de xullo e agosto.

O tradicional Fútbol Praia celebrarase en dúas quendas: do 10 ao 16 de xullo para mozos e mozas a partir de 14 anos (actividade gratuíta, con inscrición ata o 7 de xullo) e do 1 ao 31 de agosto para rapaces de 6 a 14 anos. Neste caso, a cota de participación é de 21,71 euros, e o prazo de inscrición remata o 15 de xullo. As sesións realizaranse en horario de mañá, segundo as mareas. É necesario o compromiso de asistencia ao longo de todo o mes, e calquera excepción debe ser comunicada previamente á coordinadora, no teléfono 690 047 448.

Do 22 ao 24 de xullo terá lugar na praia de Canido o Torneo de Volei Praia, aberto a maiores de 12 anos e tamén de balde. O horario será de 10:30 a 13:00 horas e o prazo de inscrición finaliza o 17 de xullo nas oficinas do Concello.

Para os máis pequenos (de 6 a 14 anos) tamén haberá Xogos na Praia os martes15, 22, e 29 e os xoves 17,24 e 31de xullo, na Area Maior. A inscrición é gratuíta e debe realizarse ata as 12:00 horas do día anterior.

Ademais, inclúese no programa o ciclo Actívate na Praia, con clases de ioga e adestramento en circuito para maiores de 16 anos. As sesións desenvolveranse tamén en horario de mañá nas seguintes datas e horarios

  • Xullo: martes 15, 22 e 29, de 10:00 a 11:00 h
  • Agosto: martes 13, 20 e 27, de 9:00 a 10:00 h

Adestramento en circuíto

  • Xoves 17, 24 e 31 de xullo, de 10:00 a 11:00 h

As inscricións poden formalizarse presencialmente ou por WhatsApp (690 047 448), ata as 12:00 horas do día anterior.

As persoas interesadas poden realizar as inscricións nas oficinas xerais do Concello. O formulario para participar nas actividades pódese descargar na seguinte ligazón:

https://www.concellomalpica.com/wp-content/uploads/2025/06/FICHA-ACTIVIDADES-DEPORTIVAS-VERAN-2025.pdf