O Concello de Malpica proxecta a reforma do Centro Social das Pozacas de Cerqueda

Esta intervención incluirase no compendio de obras dentro do Plan Único da Deputación e que contarán cun orzamento base de 36.379,90 euros.

Así, contémplase a reforma da planta do edificio eliminando o escenario existente no salón de actos, a eliminación de tres aseos existentes para incorporar ao almacén adosado e o derrube de dous tabiques entre almacéns para a formación de aula.

Acondicionaranse, tamén, as dependencias que teñen humidades coa incorporación de adosado de material de pladur illante nas paredes. Cóntase que a intervención estea rematada ao finalizar o ano 2021.

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, sinala que “serán uns traballos que uniformarán este espazo e que as persoas usuarias poderán contar cun servizo de primeiro nivel cando poidamos reverter toda esta situación”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha