O Concello de Malpica reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas e a conservación do patrimonio

  • Vén de adxudicar os contratos de varias obras de mellora que se executarán nos próximos meses, cun investimento total de 254.307,43 euros

Unha das intervencións terá lugar na rúa San Ramón, na Atalaia, onde se executará a instalación dunha nova rede de saneamento separativo, así como a ampliación e renovación do firme. A empresa encargada destes traballos será Construcciones Alejandro Martínez e Hijos, S.L., cun orzamento de 94.440,27 euros.

Tamén está prevista unha actuación na Casa do Oleiro de Buño, onde se acometerá a impermeabilización e pintado das fachadas. A obra foi adxudicada a Norman Silva Del Pino, cun investimento de 33.610,17 euros.

Así mesmo, nos núcleos de Loroxo e Algadán, en Cerqueda, levarase a cabo a mellora do firme existente. A empresa adxudicataria é Farido, S.L., cun orzamento de 126.256,99 euros.

O executivo municipal subliña que estas actuacións se enmarcan no compromiso coa mellora das infraestruturas, a conservación do patrimonio e a posta en valor das parroquias, contribuíndo a reforzar os servizos e a calidade de vida da veciñanza.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar