O Concello de Malpica remata as obras de rehabilitación do Parque Infantil de Buño

1 minutes read

Trátase dunha actuación coa que se pretende mellorar as condicións deste espazo de lecer e garantir que poida ser desfrutado polas nenas e nenos da parroquia nunha contorna máis coidada e axeitada.
Os traballos foron executados pola empresa Suministro Integral del Agua, S.L., cun investimento total de 29.961 euros.
A actuación forma parte da aposta do Concello pola conservación e mellora dos espazos públicos municipais, especialmente daqueles destinados ao uso e desfrute das familias e da infancia.
Desde o Goberno municipal destacan a importancia de manter en boas condicións os parques infantís e outros espazos de encontro da veciñanza, contribuíndo a que as diferentes parroquias do municipio dispoñan de equipamentos adecuados para o seu uso diario.
Con esta intervención, o Concello continúa así coa súa liña de actuación orientada á mellora dos equipamentos municipais e á creación de espazos públicos máis coidados, seguros e accesibles para a veciñanza.