O Concello de Malpica renova coa Deputación o convenio de xestión do Ecomuseo Forno do Forte

Este xoves celebrouse na sala de documentación de plenos da Secretaría Xeral a sinatura da renovación do convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Malpica para a xestión integral do Ecomuseo Forno do Forte en Buño.
Asinaron o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas, ante o fedatario e secretario accidental, Miguel Iglesias.

Ambas as dúas administracións levan colaborando desde o 2006 nesta xestión co obxectivo de promover actividades divulgativas sobre a grande tradición oleira local e as novas formas de produción.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha