36
O Concello de Malpica reparará os parques infantís de Malpica, Leiloio e Seaia, proxecto subvencionado pola Consellería de Deportes da Xunta de Galicia. As obras contan cun orzamento de 39.862,99 €.
O goberno municipal despois dunha ardua inspección dos parques infantís de Malpica, Leiloio e Seaia e detectadas todas aquelas deficiencias que presentan, acordou poñer en marcha a súa reparación.
A obras comezarán este luns 25 de setembro e terán unha duración de tres meses. Zona de Obra O Rosal, S.L.U será a empresa encargada de realizar os traballos.