O Concello de Malpica retoma a actividade para elaborar o PXOM

1 minutes read
  • O goberno local reunirase cos redactores do proxecto esta semana para analizar a situación actual e poder avanzar

A Administración local de Malpica manterá unha xuntanza nos vindeiros días cos redactores do Plan Xeral de Ordenación Municipal-PXOM para analizar a situación actual e avanzar «de xeito definitivo para paliar un problema que estivo aparcado nos últimos dous anos», segundo explicou o alcalde, Eduardo Parga.

O rexedor tamén sinala que é urxente contar con este proxecto se resolverían «multitude de problemas xudiciais e urbanísticos que se están a acumular co paso dos anos». Neste sentido, Parga apostou por «tomar un novo rumbo» nas políticas municipais que se viñan realizando cun «grupo de goberno que abandonou totalmente o esforzo e traballo que se fixera ata aquel momento para sacar adiante un documento básico para unha Administración local».