36
Desde o Concello queren lanzar unha mensaxe de apoio a todas as persoas que padecen esta enfermidade para que non se rendan na súa loita diaria.
Así mesmo, facendo fincapé na importancia que supón a prevención mediante a realización de probas diagnósticas periódicas e de autoexploracións que permitan detectar calquera indicio desta enfermidade. A casa do Concello mudou a súa faciana habitual por unha iluminación exterior de cor rosa, para conmemorar este 19 de outubro, Día Mundial contra o Cancro de Mama.