- Punta Nariga e Santo Hadrián son idóneos para observar fenómenos astronómicos, sobre todo relacionados co sol e a lúa
O Concello de Malpica sentou as bases para impulsar o municipio como destino xeoturístico astronómico; tendo como base un proxecto que conta cun estudo técnico realizado polo catedrático de Física Aplicada da USC, Jorge Mira en 2014.
Punta Nariga e Santo Hadrián, polas súas características xeográficas, converten a ambos puntos nun enclave privilexiado para a observación de fenómenos astronómicos. A súa singularidade reside, entre outros factores, no feito ser un dos escasos lugares en Galicia dende os que se pode ver saír e poñerse o sol sobre o mar en certas épocas do ano.
A baixa contaminación lumínica, clave A Costa da Morte a nivel xeral, e Malpica en particular, presenta un índice baixo en canto a contaminación lumínica, polo que desde o goberno local pretenden obter financiación para ‘preservar a calidade de observación dos nosos ceos, algo fundamental no turismo astronómico’, comentan desde o consistorio.
Este será un dos puntos nos que se baseará a estratexia, aínda por definir, e que terá múltiples vértices. ‘A olaría de Buño, a restauración e a hostalería serán puntos fundamentais que estarán presentes neste proxecto, xa que englobará a todo o municipio’, sinalan desde o Concello.
Tamén se estudará a posible certificación de Malpica como ‘Destino turístico Starlight’, que acreditaría ao municipio como un lugar que posúe una excelente calidade de ceo, e que ademais representa un exemplo de protección e conservación.