O Concello de Muxía busca que os seus veciños «cociñen» as relacións de igualdade

Primera sesión de "Cocinando relaciones"_Cedida

  • «Cociñando relacións» é un programa de sensibilización e autocrítica sobre a igualdade

O Concello de Muxía, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, puxo en marcha ‘Cociñando relacións’, un programa no que se busca sensibilizar e concienciar sobre a igualdade entre homes e mulleres, fomentando a autocrítica e a reflexión persoal.

Este proxecto, con cargo aos fondos procedentes do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, pretende incidir en toda a cidadanía en tres grandes liñas: ‘Entre fogóns falamos de relacións’, destinado aos homes; ‘Receitas de sororidade’, destinado ás mulleres e ‘Petiscos de Botrato’, destinado á mocidade.

A concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch, sinala que este proxecto está pensando para «previr posibles situacións de violencia de xénero» grazas á educación, polo que «levar este tipo de actividades a distintos espazos é indispensable se queremos acadar unha sociedade igualitaria”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha