O Concello de Muxía buscará medidas para protexer aos seus percebeiros

1 minutes read
  • O rexedor, Iago Toba, entende que para paliar os efectos da crise que sofren os percebeiros hai que remar xuntos na mesma dirección

O alcalde de Muxía, Iago Toba, reuníuse durante a tarde deste xoves cos percebeiros da localidade para escoitar as súas propostas e coordinar unha estratexia combinada que permita unha mellora nas condicións laborais de todos eles.

O rexedor muxián valorou esta reunión como “tremendamente positiva porque nos permitiu achegar en primeira persoa as necesidades básicas dun sector tan castigado como o do percebe, e tomar nota para poder elaborar unha estratexia conxunta e paliar así os efectos da crise económica que non fixo máis que comezar”, apunta o edil.

Seguindo esta liña, manterá unha reunión coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana, para tratar este tema e outros do sector. “Creo que temos que remar todos xuntos na mesa dirección para encontrar solucións a este problema. Agradezco a disponibilidade que amosou a Conselleira e confío na súa boa intención”, sinalou o alcalde.

Respecto ao conflito vivido esta semana entre traballadores do sector, o rexedor muxián destacou que “defenderei en calquera foro e ata o derradeiro momento os intereses dos nosos percebeiros. Trátase dun sector moi castigado pola crise e os vindeiros meses serán clave para todos eles.”

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?