- Esta convocatoria servirá como antesala das futuras sesións, que tamén se espera que se celebren por esta vía
O Concello de Muxía celebrará na mañá deste xoves a primeira sesión telemática dun Pleno desde que se decretara o estado de alarma o pasado 14 de marzo. Esta convocatoria servirá como proba das vindeiras celebracións plenarias, que esperan celebrarse tamén por esta vía.
O alcalde, Iago Toba, destaca que “non quixemos prexudicar os tempos administrativos máis do necesario, na situación que estamos a atravesar”. Na sesión, que comezará ás 12:00 horas, trataranse maioritariamente temas económicos, como os procedementos administrativos aínda abertos e dos que hai que sacar adiante.
«Este Pleno extraordinario será o primeiro en celebrarse de xeito telemático en toda a nosa contorna, e sentará un precedente» sinala o rexedor, quen tamén destaca a rapidez da convocatoria porque «hai procedementos administrativos que hai que aprobar á maior celeridade”.