O Concello de Muxía inicia as obras do futuro centro sociocultural dos Muíños

Obras na escola de Os Muíños, en Muxía_Cedida

  • O edificio contará con catro aulas multifuncionais e unha sala de xogos infantil

As obras do futuro centro sociocultural do lugar de Os Muíños, en Muxía, xa arrincaron esta semana. Este venres o alcalde da localidade, Iago Toba, e o concelleiro de Obras, Javier Romar, supervisaron o comezo das intervencións.

O edificio contará con catro aulas multifuncionais, pensadas para realizar actividades por parte das asociacións, así como unha sala de xogos infantil. Haberá aseos adaptados para persoas con mobilidade reducida e na súa contorna está previsto construír unha zona axardinada con mobiliario de descanso.

O alcalde e o concelleiro quixeron destacar “o que supón esta intervención xa non só para Os Muíños, senón tamén para todo o tecido asociativo de Muxía, cun novo lugar de reunión no que desempeñar as tarefas diarias».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha