O Concello de Muxía mellorará o campo de fútbol municipal «A Arliña»

1 minutes read

O Concello de Muxía investirá máis de 17.000 euros nas tarefas de mellora que se levarán a cabo no campo de fútbol municipal de «A Arliña”. Esta proposta, presentada polo goberno local á directiva do club, engloba dúas grandes melloras que serán levadas a pleno a vindeira semana pola executiva.

O equipo de goberno presentou o proxecto nas propias instalacións, onde estivo presente o presidente do Club de Fútbol de Muxía, Juan José Busto, entre outros membros da directiva.

Entre as intervencións, destaca a creación dun vestiario específico feminino, que evitará que se teñan que empregar por turnos os existentes e, ademais, terá un acceso directo desde o exterior das instalacións.

Dada as características da edificación existente e da d¡ficultade de amplicación ao estar nunha ubicación baixo protección de costas, as obras levaranse a cabo no espazo que está destinado na actualidade ao almacén, para ubicar o novo vestiario feminino alí, con acceso directo desde o exterior.

“A creación deste vestiario é un dos obxectivos deste goberno xa que entendemos que é necesario e primordial porque dan resposta a unhas necesidades básicas e abogan en prol da igualdade”, destacan desde a executiva.

Na mesma actuación, se inclúe a substitución da cuberta da cantina, para mellorar o seu estado e arranxar os posibles desperfectos que presenta debido ás inclemencias meteorolóxicas e o deterioro froito do paso do tempo.
O alcalde de Muxía, Iago Toba, quixo trasladar “a importancia destas tarefas de mellora nunhas instalacións que presentan varias deficiencias e que darán un impulso necesario para todas e todos os deportivas que fan uso do campo da Arliña”.