O Concello de Muxía repartirá 600 cestas de Nadal

Cestas Nadal_Muxía

  • Serán repartidas nas vindeiras semanas persoalmente e van destinadas ás persoas maiores

O Concello de Muxía ultima os preparativos para o reparto de 600 cestas de Nadal entre os maiores do municipio. Constará dun lote de produtos entre os que haberá alimentos típicos destas datas. As cestas serán repartidas persoalmente por operarios municipais e membros do goberno durante as vindeiras datas.

“Non é un simple detalle de Nadal; é un agradecemento en nome de todo o municipio pola súa labor e contribución á sociedade muxiá”, insisten desde a executiva.

Ese agradecemento fai alusión a unha mensaxe de felicitación adicional, onde o goberno local loa o “comportamento exemplar” destes veciños desde o decreto do estado de alarma en marzo.