O Concello de Muxía segue adiante co seu plan de obras no rural


O Concello de Muxía segue adiante co seu firme compromiso por mellorar as súas infraestruturas. Nas últimas datas leváronse a cabo traballos de acondicionamento nos camiños e estradas de San Martiño de Ozón, Morpeguite e Pasantes, así como a mellora do drenaxe e a repavimentación en Vilastose.
En Vilela de Morquintián estase a traballar na mellora e acondicionamento dos camiños interiores onde, tras as actuacións, pasarán a ter un pavimento de formigón.
O grupo de goberno tamén anunciou o remate dunha pista de acceso ás fincas agricolas en Trasufre, subvencionadas co plan AGADER 2022.