O Concello de Noia e a Xunta asinan o convenio que permitirá a construcción dun novo centro de saúde

Cedida

Noia deu este luns un gran paso adiante para que o novo centro de saúde da vila sexa pronto unha realidade. O conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Noia para levar a cabo o plan de execucción das obras de construcción dun novo e moderno centro de saúde. O futuro inmoble, que terá un uso exclusivamente sanitario, permitirá duplicar a superficie do actual e incorporará novas salas de técnicas, unha consulta de hixienista ou a base do 061. Ademais, a área pediátrica tamén terá una nova sala de observación e a área de fisioterapia, uns vestiarios.

O Concello de Noia investiu neste proxecto máis dun millón de euros para a adquisición das parcelas do novo centro de saúde e que ademáis verase incrementado con novos terreos nas inmediacións do mesmo. Así, o novo centro contará con catro salas de técnicas onde agora só hai unha, o que permitirá aproveitar mellor o equipamento que recibiu este centro nos últimos anos: o novo equipo de radiodiagnóstico que se incorporou en 2018 ou os tres electrocardiógrafos e o espirómetro que chegaron no 2020.

Por outra banda, na zona do PAC ampliaranse a zona de consultas e a sala de observación e farase algo relevante como é integrar dentro deste edificio a base da ambulancia do 061.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha