O Concello de Oleiros oponse a planta de residuos de Oza polo seu impacto ambiental

Cedida.

O Concello de Oleiros quere amosar novamente o seu rexeitamento á planta de tratamento de aceites e hidrocarburos no Porto de Oza. O Goberno municipal demanda que o Concello da Coruña, que ten a última palabra, denegue a licenza a esta empresa mediante un informe de incompatibilidade urbanística, amparado no incumprimento do Plan Xeral. O Concello de Oleiros tamén esixe que a Xunta de Galicia proceda á eliminación dos depósitos que neste momento están sendo utilizados sen licenza nin autorización.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha