42
O Concello de Oleiros ten á venda 4 parcelas de propiedade municipal, adquiridas gratuitamente a través da xestión do solo das novas urbanizacións que se foron creando por todo o municipio. Os solares están situados nas proximidades do campo de golf de Xaz, no centro de Mera, en Oleiros e en Perillo e son para a construción de edificios de pisos de aluguer protexidos, aos prezos taxados pola Consellería de Vivenda. Neste momento, o Estado impide a construción de vivendas protexidas para a súa venda. A oferta deste solo está dirixido a promotores. Para realizar as adquisicións deben dirixirse á Secretaría Xeral do Concello.