O Concello de Oleiros segue agardando polos 110.000 euros que lle debe a Xunta

turismo.gal

  • O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, pretender reunirse con Feijóo para aclarar esta grave situación

Segundo un comunicado do propio concello, a Xunta de Galicia aínda non lle ingresou a cantidade de 110.000 euros que estaban estipulados no convenio asinado para a adquisición do centro social situado na Lagoa de Mera.

Ante a infrautilización da Casa do Mar de Mera, o Concello solicitoulle á Xunta de Galicia en varias ocasións que se lle cedera ás entidades da localidade para que o puideran utilizar os veciños, tal e como facían antes das obras de reforma para crear un centro de día que nunca chegou a funcionar. Finalmente, a Xunta optou por asinar un convenio co Concello para cofinanciar con 110.000 euros a adquisición dun novo centro social.

Más de dous anos despois da sinatura, a Xunta aínda non lle pagou ao Concello de Oleiros ese diñeiro. “Vou solicitar unha entrevista co presidente da Xunta de Galicia porque paréceme moi grave o que está pasando”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha