O Concello de Ponteceso aconsella á veciñanza de Corme que, por precaución, non consuma auga da traída

PIXABAY

Ante a aparición de un brote de gastroenterite en Corme que afecta a 27 persoas, e seguindo as indicacións que vén de transmitir o Servizo de Sanidade Ambiental da Xunta de Galicia, o Concello de Ponteceso aconsella á poboación que, por precaución, se absteña de beber auga da traída. O goberno municipal, ante o brote, ordenou de forma preventiva a realización dunha nova analítica e a publicación das anteriores.

O Concello de Ponteceso está a traballar en coordinación co Servizo de Sanidade Ambiental da Xunta de Galicia para tratar de determinar a causa do episodio, e ante a posibilidade de que se trate dunha intoxicación por norvirus aconséllase non consumir a auga da rede de abastecemento. O Concello abastece de auga embotellada á veciñanza de forma gratuíta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha