O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, denuncia que “O Concello de Ponteceso leva case un ano esperando para unha actuación de saneamento no centro de Corme Porto por 234.000 euros”.
O 11 de febreiro de 2022 o Concello remitiu o proxecto a Portos e aínda non obtivo a autorización. “A afectación ao Porto é nula, enriba de non investir nada na mellora da fachada marítima nin no porto, bloquean os investimentos da Deputación a través do plan de obras.”
A proposta contempla separar as pluviais de Corme Porto do saneamento, mellorando o funcionamento do pozo de tormentas e a depuradora de Corme e un importante aforro enerxético, ao non ter que bombear auga limpa de chuvia da Ribeira á depuradora na estrada a Roncudo.