O Concello de Ponteceso contratará 5 peóns para a limpeza de praias

0 minutes read
  • Seleccionaranse por criterios sociais, atendendo á bolsa de traballo do Plan de Emprego Local

O Concello de Ponteceso contratará 5 peóns de limpeza de praias con criterios sociais, atendendo á bolsa de traballo do Plan de Emprego Local.

As persoas traballadoras admitidas pertencen aos colectivos prioritarios que marca a Deputación da Coruña pola súa dificultade para atopar un traballo. Cando se celebraron as probas de acceso estas persoas non puideron presentarse por non ser demandantes de emprego.

Máis información na web do Concello.