O Concello de Ponteceso dá a coñecer as actividades para este verán

PIXABAY

  • As solicitudes poderán tramitarse desde o 21 de xuño ata as 14:00 horas do día 23

A veciñanza do concello da Ponteceso xa tivo acceso ao cartel das actividades de verán programadas polo Goberno local. Destacan as clases de vela e windsurf da Deputación da Coruña, os cursos de iniciación ao pádel e pádel surf, kayak ou bádminton, ademais do programa Capta a danza! e un taller de abelorios.

As solicitudes poderán tramitarse desde as 09:00 horas do 21 de xuño ata as 14:00 horas do día 23. Desde o Concello recomendan usar a sede electrónica, aínda que tamén se poderán facer as inscricións nos departamentos de Cultura e Deportes con cita previa.

As prazas adxudicaranse por sorteo público, que se celebrará no salón de plenos o luns 28 de xuño ás 12:00 horas, tendo preferencia as persoas empadroadas en Ponteceso.

Cartel actividades de verán_Concello de Ponteceso

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha