O Concello de Ponteceso entrega cincuenta novos composteiros

Cedida.

Medio cento de veciños e veciñas do Concello de Ponteceso xa teñen o seu composteiro, únense así aos 50 que xa comezaron a facer compost nas súas casas dende o mes de xuño.
O Concello fixo entrega destes composteiros ao remate dunha charla formativa que acolleu a Biblioteca Municipal. Na sesión explicativa, impartida por unha técnica da Sociedade Galega do Medio Ambiente, SOGAMA, as e os participantes puideron coñecer o seu uso correcto e resolver as dúbidas arredor desta práctica que permitirá reducir os residuos orgánicos que se depositan nos colectores do lixo. Ademais, tamén puideron familiarizarse cunha clase práctica de montaxe dos composteiros nos exteriores da Centro Cultural de Ponteceso.
Con esta iniciativa, o Concello, continúa a traballar para o fomento de prácticas sostibles e de coidado do medio ambiente. Ante a boa acollida adquiriranse máis composteiros e repartiranse entre as e os veciños que así o soliciten.