O Concello de Ponteceso facilita o pago de impostos mediante TPV

Cedida

O Concello de Ponteceso implantou un sistema polo cal os cidadáns poderán realizar o pago de taxas e recibos a través da TPV. Unha acción que desde o goberno local tomaron en consideración para que os veciños eviten «ter que ir ao banco e aboar as taxas para logo volver ó Concello».

O servizo está dispoñible de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e os xoves pola tarde (excepto os tres meses de verán).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha