38
- Os aspirantes contarán con 10 días hábiles para realizar a solicitude
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este mércores, 5 de maio, a convocatoria e bases que rexerán o procedemento selectivo dunha bolsa de emprego para a contratación dun técnico de Turismo grazas a fondos da Deputación da Coruña.
Poderán presentar a súa solicitude todas aquelas persoas maiores de 16 anos, con nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea e que se atopen en posesión dalgún dos títulos universitarios esixidos.
O prazo para a presentación de instancias no rexistro xeral do Concello será de 10 días hábiles desde o seguinte ao de publicación do anuncio no BOP.