36
- Só poderán solicitalas aquelas persoas que non as recibiran o ano pasado
Coa chegada do bo tempo, o Concello de Ponteceso pon a disposición da veciñanza trampas para vespas velutinas de cara a frear o forte avance desta especie invasora que chegou a Galicia no 2013.
Quen desexe adquirir un dos trallos, non sendo beneficiario dun deles durante o 2021, deberá solicitalo chamando ao 981 714 000. O Concello lembra que aqueles que xa dispoñan das trampas nas súas casas poderán reutilizalas engadindo líquido caseiro elaborado con cerveza ou refresco e azucre. Aconséllase instalalas en zonas altas e camelias.