- As persoas interesadas en participar deberán entregar a súa foto no Concello antes do 1 de abril
A Concellería de Educación, Formación, Biblioteca e Patrimonio de Ponteceso inicia un concurso de fotografía co que poñer en valor elementos característicos do municipio, como as súas costumes ou os lugares máis tradicionais ou peculiares da súa contorna; así como descubrir o talento oculto dos habitantes do concello.
O concurso está aberto a toda a veciñanza, con independencia da súa idade, e as fotografías deberán presentarse no Concello antes do día 1 de abril.
A Biblioteca Municipal de Ponteceso acollerá o venres 3, ás 18.30 horas, o acto de entrega de premios aos tres primeiros finalistas do concurso, que percibirán 150€, 100€ e 50€, respectivamente, para gastar no comercio local.
Ademais, as fotografías gañadoras serán expostas no Museo Etnolúdico de Galicia (Melga) para desfrute de todos os visitantes. O acto rematará coa actuación do grupo infantil AJA.